エピソード

  • Á conversa con AIDA SACO | Canto Conto
    2024/10/31
    Hoxe conectamos directamente con Nova Iork, e é que seguirlle a pista a Aida non é para nada doado. Dende que saiu do seu Rianxo natal, pasou xa por Barcelona, París, Rotterdam... ata rematar en Manhattan co propósito de dedicar a súa vida e formación ao piano e á música. E é que Aida é, sen dúbida, un talento xigante da nosa Terra, que alén do seu crecemento profisional e persoal, nunca esquece de onde vén e Galiza está sempre moi presente no seu día e na súa obra. Facemos un balance do camiño feito ata agora e do que estará por vir. Persoalmente, alén da admiración que teño por ela e por vela medrar no seu camiño, sempre é un pracer conversar con Aida e sempre aprendo moito. Acompañádenos nesta conversa!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 16 分
  • Á conversa con LAURA ROMERO | Canto Conto
    2024/09/29
    Hoxe a conversa é con Laura Romero, para quen non a coñeza, Ilustradora, creadora de proxectos como Músicas Galegas Ilustradas, Ferreñas e Rock and Roll, poñendo forma e cor a moitos libros e proxectos, ademáis de todo isto tamén é música. Ilustradora e baixista, pasando por diveros proxectos, entre eles o meu propio, e pertencendo á mítica banda Zënzar e tamén a Cuarta Xusta. Falamos de moitas cousas, ilustración, reflexionamos sobre varios temas e tamén abordamos o desafío que supón a aparición da IA no mundo da ilustración e como está afectando neste momento. Hai tempo para rir, tamén para opinións impopulares, debatir sobre varias cuestións e, sobre todo, para pasar unha boa mañá de domingo en Ordes. Sexa como sexa, conversar con Laura sempre é un pracer e temos carrete para máis, pero iso terá que quedar para outra ocasión!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 48 分
  • Á conversa con RICHI CASÁS| Canto Conto
    2024/09/01
    Neste episodio sento a conversar cunha das miñas persoas favoritas: Richi Casás. E por que é unha das miñas persoas favoritas? Ídelo descubrir na conversa. Músico, profesor, e moitas cousas máis... envolto en moitos proxectos, forma parte actualmente da Banda Xangai mais xa estivo noutros outros proxectos entre os que se atopa tamén Os Papaqueixos ou MJ Pérez (aquí servidora). Comigo non hai nada do meu repertorio con ventos porque a calidade musical e humana de Richi é un tesouro do que tiven e teño a inmensa sorte de ser participe. Aprendín moito del a nivel musical pero aprendín moito máis a nivel humano porque no mundo, e máis concretamente no musical, hai que mirar ben onde poñemos a alma para non perder o sorriso. Falamos diso, das luces e sombras da música, dos seus proxectos e camiño feito, e conversamos un bo anaco de "Fuliada na Vila" un libro-disco que tedes que coñecer, para reflexionar sobre o noso legado musical na tradición e tamén para reflexionamos sobre as recollas e que é o que ocorre con ese legado. Acompañádenos nesta conversa na que eu debo confesar que ata houbo momentos que esquecín que tiña un micro diante mentres, sen decatarme, tiña a boca aberta. Xa contaredes vós que tal!
    続きを読む 一部表示
    2 時間 7 分
  • Á conversa con A PEDREIRA (UGIA) | Canto Conto
    2024/07/31
    Neste episodio teño a sorte de sentarme a conversar con Ugia, máis coñecida dun tempo para aquí como "A Pedreira", unha muller valente desas que ensinan os dentes, exemplo e referente dentro e fora do escenario e, sen dúbida, un espello no que mirarse e do que aprender. Para quen a coñeza, non hai moito máis que engadir. Que non... estades tardando. A traxectoria artísitica e vital de Ugia é digna de contar (e ninguén coma ela para facelo) e, precisamente, desta conversa nacen moitas reflexións. Nós reflexionamos, pero convidámosvos a que o fagades vós tamén con nós. Queda todo dito, acompañádenos nesta conversa!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 10 分
  • Á conversa coa T3 | Canto Conto
    2024/06/30
    AVISO IMPORTANTE: Este capítulo é un pouco friki, aviso previamente. Hoxe traemos o episodio máis multitudinario, somos 5 á conversa. Séntome para falar con Sara Souto, Sara García, Sara Gallego e Alba Mosquera (Srta Lexus), algunhas das compoñentes da T3 para falar de que é isto e como xurdiu, asi coma tamén múltiples aventuras e viviencias destes últimos meses. A definición curta é que a T3 é unha "Peña non-peña do DeporFem". A descripción boa (da man de Sara Gallego) é: Que é a T3? Un grupo de rapazas, de distintas zonas de Galicia e diversos ámbitos profesionais, unidas por unha mesma paixón: o Deportivo Abanca. Coñécense por separado na bancada da Cidade Deportiva de Abegondo e fortalecen o seu vínculo a través das redes sociais. Na temporada 2023/24, a terceira do Dépor na segunda división, comezan relacionar o número '3' co entorno do equipo e aférranse a el coma amuleto para crer no ascenso, tanto en Abegondo como nos desprazamentos lonxe da Coruña aos que asistiron. Se queres saber máis, acompáñanos nesta conversa!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 34 分
  • Á conversa con SOFÍA ESPIÑEIRA | Canto Conto
    2024/05/29
    Neste novo episodio converso cunha artista multidisciplinar e chea de talento: Sofía Espiñeira. Con ela teño moitas en común a pesar de ser moi distintas en mil aspectos, tiven a sorte de compartir escenario con ela e de aprender moito dela. Facemos balance do camiño, pois fomonos atopando en diferentes momentos importantes, reflexionamos sobre varias cuestións e de como nos sentimos como artistas solistas e tamén debatimos sobre algunha cuestión porque sempre está ben abrir algún melón. Se non coñecedes a Sofía, estades tardando, asi que esta é unha boa ocasión para coñecela e seguir o seu traballo!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 31 分
  • Á conversa con TANEA | Canto Conto
    2024/04/28
    Tanea, tamén coñecida como Tanea Caamaño, é para min unha das voces máis destacadas do panorama musical galego actual. Formou parte de proxectos coma Samarúas e actualmente está presente en proxectos coma Pan Sen Fron, Xurxo Fernándes, Fillas de Cassandra ou Budiño. Falamos da cara doce e amarga da música, mais, principalmente, falamos do camiño. Falamos do pasado, do presente e das esperanzas de futuro. Disto e moito máis... acompañádenos nesta conversa!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 24 分
  • Á conversa con IVÁN TOURIS | Canto Conto
    2024/03/31
    Hoxe falo con Iván Touris, melómano e unha desas persoas que traballa para a difusión e promoción da música galega por amor ao arte, creando proxectos, entrevistando a todos os grupos e proxectos que pode... como digo na conversa "o entrevistador entrevistado". Para moitos músicos, unha cara coñecida nos concertos, pois é desas persoas que asiste a todo canto pode e sabe dar valor a todos os proxectos e estilos. Reflexionamos sobre diferentes aspectos do noso sector musical, da situación actual que vivimos, problemas, retos, etc. Se queredes compartir este anaco con nós, búscanos, estamos en Spotify, iVoox, Apple Podcast e Podimo!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 27 分