Facemos historia

著者: José Antonio Martínez
  • サマリー

  • Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
    Copyright José Antonio Martínez
    続きを読む 一部表示

あらすじ・解説

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
Copyright José Antonio Martínez
エピソード
  • Pancas, crises e bancarrotas: do Barça de Laporta ao Imperio Hispánico do s. XVII
    2022/07/28
    Non escoitaches aínda falar das pancas de Joan Laporta e das novas fichaxes do Barça? Si, isto é Facemos Historia, unha viaxe no tempo que agora tamén é un podcast deportivo. Xa será menos!
    Aproveitamos toda esta polémica que se xerou a partir das pancas, o recurso financeiro que empregou o presidente do Barcelona para poder atopar liquidez e poder fichar xogadores neste mercado de verán de 2022, para viaxar até a Idade Moderna, onde este recurso xa foi utilizado polos Austria para conseguir diñeiro que lles permitise manter a súa costosa política exterior, que non era outra que manter o Imperio.
    E descubrimos que non é todo como nolo contan os libros de divulgación histórica: novos estudos profundan na orixe e funcionamento das bancarrotas e crises que marcaron a economía do Imperio Hispánico na Idade Moderna.
    Podes acceder ás notas do episodio na nosa web. https://facemoshistoria.gal
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    続きを読む 一部表示
    24 分
  • Obxectivo Birmania
    2022/01/14
    Obxectivo Birmania é título dun filme militar americano da II Guerra Mundial. Tamén é o nome dun grupo musical español pop que tivo o seu momento de gloria a fins da década dos 80. Mais para nós é a oportunidade de achegármonos a este país asiático.
    En decembro de 2021 coñecíamos a nova sobre a condena de prisión de Aung San Suu Kyi. Líder do goberno democraticamente elixido e deposto tras un golpe militar en febreiro dese mesmo ano, era coñecida internacionalmente por ser Premio Nóbel da Paz no ano 1991.
    Este é o punto de partida que nos leva á historia deste país. Centrámonos no período do Imperialismo colonial, mais tentamos explicar como a historia deste país vai moito máis alá do período en que formaron parte do Imperio Británico. E falamos de por que ten varios nomes (Myanmar, Birmania ou Burma).

    Podes acceder ás notas do episodio na nosa web. https://facemoshistoria.gal
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    続きを読む 一部表示
    26 分
  • A Primeira República (proxecto de constitución federal e cantonalismo)
    2021/05/31
    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 6 A Primeira República (proxecto de constitución federal e cantonalismo).
    Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 6, parte práctica).
    Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).
    続きを読む 一部表示
    12 分

Facemos historiaに寄せられたリスナーの声

カスタマーレビュー:以下のタブを選択することで、他のサイトのレビューをご覧になれます。