エピソード

  • 68. Galiza, país start-up?
    2022/06/22
    Nun contexto no que a desigualdade entre ricos e pobres se convertiu nun dos grandes desafíos da nosa época, falamos moito de como repartir a riqueza pero non tanto de como creala. O asunto non é secundario para un país como Galiza, que nas últimas décadas viu pechar ou deslocalizar algunhas industrias históricas e, con elas, moitos postos de traballo. As start-ups innovadoras son en moitos casos un flotador de salvación e a oportunidade para crear novos sectores productivos moi vinculados ás novas tecnoloxías. En Galiza, existe unha interesante rede de empresas deste estilo pero aínda estamos lonxe doutros hubs de start-ups peninsulares como Málaga, Valencia ou o Porto. Que fai falla daquela para convertirnos nun polo innovador? Neste episodio trataremos de responder a esa pregunta coa axuda de Miguel Varela, CEO e co-fundador da start-up Teimas e membro da directiva da asociacion Start Up Galicia; Julio Martinez, xestor de proxectos de Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga); e Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinador do grupo de investigación sobre Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE).
    続きを読む 一部表示
    49 分
  • [Té Sen Gotas] Banca cooperativa e finanzas éticas: que opcións ten o cidadán de a pé?
    2022/05/30
    Cando falamos de alternativas á banca tradicional, é habitual misturar conceptos e confundir, por exemplo, a banca ética coas cooperativas de crédito ou as seccións de crédito dunha cooperativa. O abano de ofertas que nos ofrecen estas finanzas con vocación máis social é moi amplo e non sempre é doado entender as diferenzas. Neste episodio tratamos de debullar que tipo de entidades podemos atopar os usuarios do estado español e cales son as súas principais características.
    続きを読む 一部表示
    11 分
  • 67. Un modelo cooperativo para o sector financeiro
    2022/05/11
    No podcast desta semana exploramos algunhas das formas de finanzas cooperativas que existen en Galiza, no resto do estado, e tamén no Reino Unido. Cooperativas de crédito, mutuas ou seccións de crédito son alternativas que, no sector das finanzas, operan con outros valores e criterios distintos aos da banca tradicional. Falamos con: Tony Greenham - director executivo de South West Mutual Bank Xavi Teis - responsable de comunicación de Coop57 Antón Insua - coordinador técnico de Coop57 Galiza Marta Vázquez Dopico - directora xerente da Cooperativa O Val
    続きを読む 一部表示
    42 分
  • [Té Sen Gotas] Entrevista con Edelmiro López Iglesias
    2022/04/26
    No último Té con Gotas falamos de macrogranxas e de posibles alternativas de producción de alimentos. Tivemos a oportunidade de contar con tres entrevistados que, desde o noso punto de vista, achegaron perspectivas moi interesantes. Para profundizar máis no tema, neste Té Sen Gotas queremos publicar a conversa íntegra que tivemos con Edelmiro López Iglesias, profesor de economía aplicada na USC, especializado en política agraria.
    続きを読む 一部表示
    41 分
  • Comer carne en tempos de crise climática: cara un futuro sen macrogranxas?
    2022/03/11
    O último affaire ibérico coas macrogranxas pode pasar á historia dos manuais de Ciencia Política e Xornalismo como un bo exemplo de que, ás veces, hai polémicas que saltan aos medios a lombos das fake news ou, como mínimo, declaracións terxiversadas. Malia iso, o episodio puxo sobre a mesa o debate sobre a sustentabilidade deste tipo de grandes explotacións gandeiras nun mundo cada vez máis asediado polos efectos da crise climática. Neste programa tratamos de analizar que son as macrogranxas, que impacto ambiental e socioeconómico ten este modelo, cal é a súa presenza real en Galiza e que posibilidades habería de prescindir deste xeito industrial de producir carne e apostar por explotacións máis sostibles. Para achegar algo de sentidiño ao debate falamos co profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto no ámbito da economía agraria Edelmiro López Iglesias, coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e co xerente da cooperativa cárnica dos Ancares ‘A Carqueixa’, Román Sánchez.
    続きを読む 一部表示
    51 分
  • [Té sen Gotas] Abrir mercado en Portugal: a experiencia de Miguel Penas
    2022/03/02
    Neste Té sen Gotas falamos con Miguel Penas, expresidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e membro do actual Consello da entidade, que nos falará dunha experiencia profesional recente que tivo no mercado portugués, traballando para unha empresa galega que buscaba vender servizos de administración dixital a compañías do país veciño. Na súa opinión, o galego facilita moito a aprendizaxe do portugués e a comunicación cun lusoparlante, aínda que considera que para se desenvolver en contextos máis formais é necesario aprender a gramática, léxico e fonética de xeito máis académico.
    続きを読む 一部表示
    14 分
  • [Té sen Gotas] O galego é unha oportunidade: entrevista completa con Enrique Sáez, exdirector peral do Banco Pastor
    2022/03/02
    Neste Té sen Gotas publicamos completa a nosa entrevista con Enrique Sáez, exdiretor xeral do Banco Pastor, e presidente da Fundación Juana de Vega e do grupo Torres & Sáez, unha compañía galega especializada na distribución de equipamentos industriais e ferramentas. Nela fálanos de como descubriu a utilidade do galego para abrir novos mercados en Portugal durante a súa etapa como directivo do Pastor e danos a súa opinión sobre a importancia de ensinar portugués na escola. Os anacos da conversa con el que publicamos no Té con Gotas da pasada semana semella que tiveron moito éxito, así que aquí vai a gravación completa.
    続きを読む 一部表示
    23 分
  • 65. Aprender portugués en Galiza: un filón por explotar?
    2022/02/08
    Desde a aprobación da lei Paz Andrade no 2014, o ensino de portugués no sistema educativo galego foi aumentando e hoxe chega a 5000 estudantes, pero, é suficiente? Estamos aproveitando todo o potencial que ten a proximidade do galego e o portugués? Falamos co secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, co vicepresidente da Associação Docentes de Português na Galiza, Luís Figueroa, e co empresario e ex-director xeral do Banco Pastor, Enrique Sáez Ponte.
    続きを読む 一部表示
    34 分